martes, 21 de abril de 2015

Raymond Carr: O hispanista de hispanistas británicos.

Raymond Carr (1919-2015)
O término "hispanista" prantexa case sempre problemas semánticos. Para úns é unha persoa que ten profundos coñecementos na língua e na literatura españolas, definición enormemente restrictiva e cinguida exclusivamente aos ámbetos anteriormente citados. Para outros, o concepto abrangue ao coñecemento da cultura española e hispanoamericana; campo, evidentemente, moito máis amplo e integrador. De calquera xeito, ningunha das acepcións aquí expostas era do agrado da personalidade reseñada, que rexeitaba abertamente o calificativo de hispanista, xa que para él esa etiqueta esixía o sentimento persoal de lazos emocionais co "ser español"; cousa, que segundo él, non ocorría na súa persoalidade.
Albert Raymond Maillard Carr, máis coñecido nos medios historiográficos como Raymond Carr, nacera en Bath, condado de Somerset (R. Unido) o 11 de abril de 1919. Pertenceu a unha humilde familia rural. Dende moi xoven destacaron na súa personalidade dúas cualidades que ían definir e marcar definitivamente o seu futuro: unha aguda intelixencia e unha agradable simpatía. A súa formación universitaria transcorre na Brockenhurst School e na Christ Church de Oxford, onde coñece a Simon Asquith, neto do que fora primeiro ministro liberal Herbert Henry Asquith entre 1908 e 1916. Probablemente as súas características persoais axudaron á súa amizade con Simon, que o introduciu nos ambientes aristocráticos da cidade universitaria e nos clubes exclusivos de Brideshead. En 1941 é elixido Gladstone Research Exhibitioner e, máis tarde, foi nomeado profesor de varios "colleges" de Oxford.
Como xa se dixo máis arriba, el sempre rexeitou a súa cualificación de Hispanista, aínda que moitos estudiosos e analistas o encadran nesta corrente e, incluso moitos hispanistas recoñecidos, o consideran o seu antecedente inspirador, Carr sempre considerou que o feito de estudiar a realidade española se debeu a un "accidente" da súa vida persoal. Este accidente materialízase cando, con ocasión da súa voda con Sara Strickland, barallando os posibles paises a visitar durante a súa lúa de mel, decídense por España, ao ofrecerlles uns amigos da familia da noiva unha casa en Torremolinos; aínda que tamén ten influencia a intervención de Pitt Rivers, antropólogo estudioso dos costumes da Serra de Grazalema, que convenceu a Raymond do interesante que resultaba a vida andaluza e, por outra banda, animouno á lectura do libro de Gerald Brenan The Spanisch Labyrinth (El Laberinto Español), coa finalidade de introducilo na realidade politica, social e económica de España. O libro engaiolou a Carr pero non conseguiu que se apasionase polo país mais aló de como obxecto de estudo histórico ou, mais ben, como problema histórico: Carr non entendía como un imperio que fora tan poderoso nos séculos XV e XVI caera en tal estado de postración e retraso durante o seculo XIX e principios do XX.
Froito desta curiosidade e da negativa de Brenan para escribir un volume sobre a historia de España para a Oxford University Press, levou a Carr a autopropoñerse para este traballo. Este outro accidente rematou de convertelo en "involuntario" hispanista.
Ed. en español de España 1808-1939.
Consecuencia de todas estas circunstancias é a obra de Raymond Carr, Spain, 1808-1939, publicada orixinariamente en Oxford en 1966 e traducida ao español tres anos máis tarde, en 1969, pola Editorial Ariel, dentro da súa colección Horas de España. Todo isto acontecía en plena dictadura franquista, pero era xa unha dictadura feble e dominada polo cansazo e falla de rixo provocados pola vellez, unha dictadura que xa non tiña forza nos puños para manter firmes as rendas do control ideolóxico fronte aos impulsos dunha sociedade moderna e dinámica, que buscaba ardentemente a verdade histórica do pasado máis recente sin intermediarios e interpretadores oficiais.
A irrupción desta magna obra nos ambientes historiográficos da universidade española da época, significou un soplo vital de aire fresco, unha renovación completa dos temas e dos métodos de análise. Nos medios ingleses ou, mellor dito, anglosaxóns, supuxo unha primeira panorámica, cunha visión enormemente globalizada da historia contemporánea de España. Realmente, a todos os lectores lles fixo ver a historia dun fracaso, un fracaso xerado pola ausencia dunha revolución burguesa efectiva que modernizase o país e o sacase do subdesenvolvemento. A burguesía, a diferencia de Inglaterra, máis tarde de Francia, Alemaña ou Bélxica, non tiña en España a forza suficiente para oporse á aristocracia terrateniente, á Igrexa e a unha monarquía apoiada por unhas estrucuras economícas, políticas, sociais e mentais típicas de Antigo Réxime.
Neste escenario, o primeiro intento por democratizar o país fracasou estrepitosamente, mellor sanguentamente, nunha voráxine de violencia fratricida. A II Republica durou un suspiro, que non chegou para osixenar minimamente a un corpo totalmente gangrenado e que foi fácil pasto das forzas reaccionarias da sociedade, da Igrexa e do exercito.
Moitos estudiantes españois vimos por primeira vez neste libro unha realidade da historia do noso país diferente á oficial, que non ocultaba nada do que ata entón a investigación permitía saber e que nos ofrecía unha obxectividade que non era habitual nas aulas universitarias, a non ser que fose vestida coas incómodas prendas da clandestinidade e do murmurio.
Por todo isto, Raymond Carr, a pesar de non ser un hispanista convencido, é merecente da nosa homenaxe e do agradecemento colectivo.